martes, 28 de octubre de 2008

O xornal da abella

Como hai moita xente que me preguntou que é o que teñen que facer @s nen@s para o xornal , que novas poden traer , como se pode colaborar deixovos unha ligazón para descargar o anterior xornal que fixera con outro grupo de nen@s. Este era un arquivo bastante pesado e por este motivo non o tiña posto na rede, agora conseguín alixeiralo un chisco e só "pesa" 27,5 Mb. . Se o descargades vaivos tarda un pouco e pode que vos de algún problemiñña para funcionar pois esta feito cun programa chamado Neobook que, ás veces, non funciona de todo ben. Se tedes curiosidade , probade pois , coido, paga a pena xa que quedo un xornal multimedia moi orixinal. Vou deixar unha ligazón fixa na marxe dereita. Pica aquí para baixalo
Por certo aproveito para comentarvos que vos fixedes que hai un novo artigo posto antes do de Susana . Por motivos de organización quedaron así pero foron publicados noutro orde.( tamén comentarlle a Mary que a que está nunha beira non é a enfermeira senon a nai de Noelia, a tía Maite).

As ligazóns ó Xornal non van ben, por favor, dádeme un par de días para amañalas . Gracias

lunes, 27 de octubre de 2008

Novo nacemento


SUSANA TEN UNHA NOVA CURMA, CHAMASE NOELIA E é PEQUENA PERO MOI BOA. MOVE O CORPO E PARECE QUE FAI KUNG-FU.
FOI VELA CON MAMA, PAPA E A SUA IRMA LAURA

Arteixo no 1900

Fai algúns días houbo unha feira en Arteixo chamada a do 1900. Como non podía ser menos mandamos alí varios reporteiros do noso xornal para que nos contaran. Houbo dous que nos trouxeron novas que foron completadas , na clase , por mais. Eses dous foron Iago e Victor. O primeiro díxonos que :

NA FEIRA DO 1900 VIN COMO ERAN ALGUNHAS COUSAS FAI MOITO TEMPO. NAS FESTAS HABIA UNHAS BARCAS NAS QUE MONTABAN OS NENOS E QUE SE MOVIAN DUN LADO A OUTRO. ADEMAIS XOGABAN COA PEONZA HABIA MOITOS MAIS XOGOS COMA O DUN POZO, OUTRO CUNHA CARRETILLA OU OUTRO DE COLGARSE P OR UNHA CORDA.




















mentres o segundo aportounos unha peza de artesanía moi orixinal:

VICTOR TROUXO UN BROCHE DE FLORES QUE FIXO A SUA AVOA AFIANDO PAUS.

miércoles, 22 de octubre de 2008

Visita de Susana ó Pasatempos

SUSANA FOI A BETANZOS E VISITOU O PASATEMPOS ALI HABIA UN PATO MONTADO NUN COLUMPIO E UN LEON DE PEDRA. TODO LLE GUSTOU MOITO .

martes, 21 de octubre de 2008

Que son os carrabouxos

Na reunión de inicio intentei explicarvos que eran os carrabouxos realmente ( non para min) pero resulta que , como mais veces, estaba errado. Agora e gracias á Wikipedia conseguín saber que son e ata unha foto moi clara. Como vedes non son un froito senon unha reacción da árbore a un ataque exterior. Ademais chámanse tamén bugallos ( algo que eu non sabía). Deixovos abaixo o texto que pon e aqui a ligazón. Só recordar que hai un persoaxe de ficción que tamén se chama así. Ten unhas historias moi, moi simpáticas que teñen moita retranca. Picando nesta ligazón podedes ver o debuxo do día ( publicados no xornal La Región)O seu autor é Xose Lois

Os bugallos dos carballos, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidias, son unha reacción de defensa da árbore fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos.

A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos.

Carrabouxos nun carballo (Quercur robur)

En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores). Nesa neoformación, a larva do insecto indutor atopará alimento e protección fronte ós seus inimigos naturais.

A forma que usualmente adopta o bugallo é esférica, coa superficie lisa ou cunha coroa de picos[1], pero noutros casos, en función do insecto indutor e da especie vexetal parasitada, os bugallos poden ter formas lenticulares, estreladas, de corno, ou ser totalmente amorfas. Calquera parte da planta (talos, gromos, follas, flores, froitos ou mesmo raíces) é susceptible de ser atacada polo insecto.

lunes, 13 de octubre de 2008

O curmán de Abel


ABEL CONTOUNOS QUE VIÑER OSEU PADRIÑO E A SUA MADRIÑA DE ALICANTE E CONECIU O SEU CURMAN PEQUENIÑO JOSE VICENTE

Ainara e Aarón viron un mago



NA FIN DE SEMANA AARON E AINARA VIRON UN MAGO .LOGO O SEU PAPA AT OUNO CUNHAS CORDAS PERO FIXO MAXIA POTAXIA E APARECIUW SOLTO E COA CHAQUETA POSTA.
APLAUDIRONNLE O MAGO ... O SEU PAPA.

Paula foi ó San Froilan

PAULA E OS SEUS PAIS FORON A LUGO AS FESTAS DO SAN FROILAN. ALI COMERON POLBOE SUBIRON A MOITAS ATRACCIONS PERO A QUE MAIS LLE GUSTOU FOI A MONTAÑA RUSA.

viernes, 10 de octubre de 2008

Victor foi no tren

VICTOR CONTOUNOS QUE FOI NO TREN A CERCEDA. DIXO TAMEN OUE FOI A CABINA COA SUA MAMA E QUE LLE GUSTOU MOITO E NON TIVO MEDO.

viernes, 3 de octubre de 2008

Cousas que nos trouxo Ariadna

POR SI NON SABEDES AINDA BEN COMO SON OS MOMAROS E AS MOMARAS ARIADNA NOS DEIXO ESTA FOTO .
A QUE SO N MOI BONITOS?.
TAMEN TROUXO UNHA MAZORCA DE MILL O. CO MILLO FAISE FARIÑA E COA FARIÑA EMPANADAS , PAN, PASTEIS E TARTAS.