domingo, 3 de mayo de 2009

Non só voan os globos

Co bo tempo comezamos a sair na busca de novas experiencias e Xiao encargouse de contárnolas.
XIAO E O SEU PAI FORON ATA BARRAÑAN ONDE , LOGO DE MOITO ESFORZO, FIXERON VOAR O SEU PAPAVENTOS MOI , MOI ALTO COMO PODEDS VER NAS FOTOS.

Viaxe en globo

Ainda que con varios días de retraso, por mor do moito traballo na "redacción", deixámosvos esta nova que nos aportou Victor.
HOUBO UNHA FESTA DA ESPUMA NO PARQUE E LEVABAN ÓS NENOS E NENAS EN GLOBO E EU MONTEI NEL.
FACIA MOITA CALOR POIS DENTRO TEN LUME PARA QUENTAR O AIRE E PODER SUBIR

jueves, 2 de abril de 2009

O planeta Terra

Dentro da sección de ecoloxía tamén queremos amosar a nosa preocupación polo planeta Terra , por esto Raúl tróuxonos esta nova. E lembrarvos o que alguén dixo moi acertadamente:

A terra non é unha herdanza dos nosos pais,
senón un préstamo dos nosos fillos

SABADO, 28, FIXOSE UN APAGON DO DIA VERDE DO PLANETA NO QUE NOS VIVIMOS.
MEU IRMÁN DÍXOME QUE ERA PARA SALVAR O PLANETA. QUE DURE MOITOS ANOS.

miércoles, 25 de marzo de 2009

Nacementos en Arteixo o ano pasado

Estamos que non damos abasto co chollo que temos. Martín deixounos esta información que nos fai pensar que en vez de ir á praia da Lanzada para quedar preñadas , as mulleres poden vir a Arteixo pois aquí hai nacementos a moreas ;). O futuro do colexio e dos "profes" está garantido por algún tempo.

O SABADO FUN PRANTAR UNHA ARBORE CON MEUS PAIS E A MIÑA IRMA. NO CONCELLO DE ARTEIXO TODOLOS ANOS, O DIA DA ARBORE, PRANTASE UNHA POR CADA NENO QUE NACÍU O ANO ANTERIOR PERO, ESTE ANO, COMO NACERON MOITOS NENOS, (347) PRANTOUSE UN POR MES.E COMO EN XUÑO, QUE E CANDO NACEU MIÑA IRMAN NON HABIA NINGUEN PARA PRANTALO FIXÉMOLO EU E MAIS MEU PAI.AXUDOUNOS TAMEN MINA TIA.
DERONNOS UN REGALO A MIÑA IRMÁ MARTA E MAIS A MIN.
PASAMOLO MOI BEN.



lunes, 23 de marzo de 2009

Chegou a Primavera

O noso reporteiro Victor aproveitou os días libres para descansar e pasear. Coa axuda do resto da clase creou esta nova "patrocinada polo Corte Inglés ; )".

NESTA PONTE FUN O CAMPO E VIN QUE COMEZAN A APARECER MOITAS FLORES COMO ESTAS PEQUENIÑAS MARGARIDAS QUE ESTAN NO DEBUXO
TAMEN COMEZAN A VERSE FOLLAS PEQUENIÑAS. HAI MAIS CARACOIS E BOLBORETASE TAMÉN MOITOS MAIS PAXARIÑOS.
O SOL SAE MAIS A MIUDO E QUENTA CON MAIS FORZA.
XA ESTAMOS NA PRIMAVERA.

martes, 17 de marzo de 2009

Outra opinión sobre a Casa das Ciencias

Fai uns días Aarón e Ainara estiveron visitando a Casa das Ciencias e nos contaron algunhas cousas. Agora é Mateo quen tivo a sorte de visitala. A súa "reportaxe " é a seguinte:

MATEO FOI A DOMUS COS SEUS PAIS, AGORA XA NON HAI OS ANIMAIS QUE TIÑAN ANTES PERO PUXERON UNHA EXPOSICION DE AUGA MOI CHULA E SEGUE A HABER A PELI EN 3D DOS DINASAURIOS .


viernes, 13 de marzo de 2009

Desfile

Dentro da sección de sociedade temos outra nova. Aquí non falamos da pasarela Cibeles pois témolas millores.

ARIADANA PARTICIPOU NUN DESFILE POLO DIA DA MULLER TRABALLADORA. A COLECCION ERA DUNHA DESEÑADORA DE PONTEDEUME E OS TRAXES ERAN DE NOIVA, NOIVOS E NENA DE ARRAS.
COMO VEDES NO VIDEO, ARI, ADEMAIS DE SER MOI BOA ESTUDIANTE, TAMÉN É MOI BOA MODELO.