lunes, 22 de septiembre de 2008

A Historia de Xiao e unha araña

ESTA MAÑA VIN UNHA ARAÑA NA MIÑA VENTA, ALMORZOU UN
MOSQUITO E BOTOUSE A DURMIR

As vacacións de Susana

Cuns días de retraso Susana mandounos este debuxo( onde vemos a súa familia cos brazos detras do cu , por eso non se ven) xunto co texto que está a continuación.

NAS VACACIONS FUN A NIGRAN. DINLLE DE COMER OS MONOS EN
CABARCENO E VISITEI A MIÑA BISAVOA EN ASTURIAS. TAMEN FIXEMOS
UNH A FESTA NO PARQUE DE ENFRONTE DA CASA.

jueves, 18 de septiembre de 2008

Conto do Pirata Pata de Pau



HOXE CONTAMOS O CONTO DO PIRATA P ATA DE PAU. EL ESTABA TRISTE PORQUE NON TIÑA AMIGOS E TODOS SE RIAN DE EL. REGALOU O A SEU TESOURO ENTRE TODA A ALDEA , CANTOULLES CANCIONS E CONTOULLES HISTORIAS DE PIRATAS OS NENOS. ADEMAIS MERCOUSE UNHAS GAFAS DE SOL. DENDE AQUELA FOI MOI FELIZ.





Algúns debuxos mais no blog da nosa clase

miércoles, 17 de septiembre de 2008

Vacacións de Ariadna

SE IDES A PONTEDEUME PODEDES VER OS MOMAROS E AS MOMARAS QUE SON MOI GRANDES , TAMEN HAI LUMES ARTICIAIS. COA GARDERIA FUN DE EXCURSION A CASA DO HOME.COS MEUS PAIS FUN A PRAIA DE CABAÑAS.


martes, 16 de septiembre de 2008

Vacacións José

NO VERAN FUN A OURENSE. ALI NADEI E BUCEI POR DEBIXO DAS PERNAS DE PAPA E MAMA.

Vacacións de Victor

CON MEUS PAIS FUN A SANTANDER E SUBIN NUN BARCO, TAMEN VISITEI CABARCENO, ONDE OS ANIMAIS ESTABAN SOLTOS E LLE DIN DE COMER OS MONOS.

lunes, 15 de septiembre de 2008

Presentación do blog

Este blog xurde coa intención de converterse no segundo elemento de comunicación entre a escola e a comunidade.
Se ben temos un primeiro blog ( http://www.anosaclase.blogspot.com/) onde contamos o que acontece na nosa aula , este era mais ben unha algo persoal do titor , pero facía falla algo onde @s nen@s foran mais partícipes , onde foran eles/as quen escribisen e quenes aportasen as novas, naceu a idea de facer un xornal. Algo así xa o intei facer con outro grupo de nen@s de 5 anos ( fai cinco anos) pero naquel momento non existían os blogs e iamos recollendo todo para logo trasladalo a un executables feito con Neobook. O traballo era inmenso , a parrticipación d@s nen@s menor e había que esperar o remate do curso para poder velo co que se perdía a frescura.
Á hora de poñerlle nome o xornal decidín o de "Xornal dos carrabouxos" porque ese era o agarimoso nome con que nos chamaba a miña avoa a tód@los net@s. Miña nai tamén chamou así os seus e sempre me pareceu unha palabra moi doce.
Unha vez postos en situación deixovos cos comentarios d@s verdadeir@s protagonistas.
Imos adicar os primeiros "post" a aqueles/as nen@s que nos trouxeron "pequenos recordos" das súas vacacións. A inetnción é que cada un escriba o seu comentario ,pero como ainda estamos comezando e tampouco hai moita soltura co teclado , vai ser como "Fuenteovejuna" e será unha laboura común onde colaborarran tod@s

Vacacións de Mateo

NAS VACACIONS ESTIVEN EN LA TOBA COA MÑA FAMILIA. ALI NON HAI COLE E XOGAS POLO PARQUE OS INDIOS. FUN A UN ENCORO E VIN UNHA PEGADA DE DIWOSAURIO.