sábado, 28 de febrero de 2009

Album de disfraces

COMO NON PODÍA SER MENOS , OS NENOS E NENAS DA CLASE CELEBRARON O ANTROIDO POR TODO O ALTO. HOUBO ATA QUEN GAÑOU PREMIOS COMO PODEDES VER NOUTRAS NOVAS.
PARA QUE VOS FAGADES UNHA IDEA DEIXAMOS ESTE VIDEO CON DEBUXOS DA PASARELA PONTE DOS BROZOS


jueves, 26 de febrero de 2009

Que medo, chegan os Zombis!

Neste Xornal non só temos mellores xornalistas senon que tamén temos a varios gañadores nos concursos de disfraces.
Susana trouxonos esta reportaxe que tamén afecta a Hugo pois, como podedes ver nas fotos de mais abaixo, ambolosdous eran integrantes de dita comparsa
.

OS ZOMBIS DO ALTO DE ARTEIXO GAÑARON O PRIMEIRO PREMIO EN
ARTEIXO E TAMÉN EN LARACHA.
NORABOA A TODOS

jueves, 19 de febrero de 2009

Mais premiados

Dous novos xornalistas foron premiados

RAUL E MATEO XA ESTAN NA LISTA DOS PREMIADOS. DENDE FAI UNS DÍAS TANTO UN COMA O OUTRO GAÑARON O SEU GOMET NÚMERO 20 E XA ESTAN PENSANDO EN CHEGAR ÓS 40. FELICIDADES

martes, 10 de febrero de 2009

Un muiño de café

Dentro da sección de cultura xeral , un xornalista tivo a ben traernos un aparello que case ninguén vira , por si vos tamén estades no caso , deixámosvos a nova xunto cunha foto.
VICTOR TROUXONOS UN MUIÑO DE CAFE ANTIGUO. TROUXO TAMEN CAFE PARA QUE O PROBARAMOS E PUIDERAMOS MOELO.
TOCAMOS, ULIMOS E VIMOS O CAFÉ. GUSTOUNOS MOITO O OLOR QUE TIÑA.
TODOS E TODAS MOEMOS UN POUCO.

martes, 3 de febrero de 2009

Casa das Ciencias

Tiñamos no un apartado do xornal sen tocar , era o científico por eso dous dos nosos xornalistas sairon á busca de novas. (a foto da dereita é una foto dos nosos xornalistas cun camara térmica que resalta temperatura corporal)

FOMOS DE VISITA A CASA DAS CIENCIAS, HABIA MOITAS COUSAS CURIOSAS QUE PUIDEMOS TOCAR E EXPERIMENTAR. TAMEN VIMOS UNHA CAMARA TERMICA, SAPOS TRITONES, SALAMANTIGAS E UNS PITIñOS QUE ESTABAN A SAIR DO OVO.
ATA PUIDEMOS VER SIMULACROS DE TERREMOTOS.
... EN FIN UNHA MOI BOA VISITA