martes, 9 de junio de 2009

O panadeiro Xiao

Fixádevos como esta o panorama laboral que un dos nosos mellores reporteiros é un pluriempregado. Ademais de xornalista , tamén é panadeiro

XIAO FIXO UN BOLO DE PAN ONTE EN COCIÑA DIVETIDA . USOU FARIÑA AUGA SAL E LEVADURA.
MARTIN, MATEO E MAIS HECTOR ,O IRMÁN DE MATEO, TAMEN O FIXERON.

lunes, 8 de junio de 2009

Historia dun gatiño

Victor trouxonos unha historia moi bonita , sobre todo tendo en conta a sociedade na que vivimos.
A nai de victor e Carla atoparon un gatiño na rua , debaixo dun coche. estaba moi asutado e tiña moito xenio pero, ainda asi, bañarono. Logo buscaron alguen que o coidara . Atoparon a unha viciña deles.

miércoles, 3 de junio de 2009

Presentación en sociedade

Ariadana trouxonos novas da "súa familia equina".
ESTE E O MEU POLDRO CHAMASE AIRON , A SUA NAI JARANA E TEN UNHA IRMÁ QUE SE CHAMA CANELA

domingo, 3 de mayo de 2009

Non só voan os globos

Co bo tempo comezamos a sair na busca de novas experiencias e Xiao encargouse de contárnolas.
XIAO E O SEU PAI FORON ATA BARRAÑAN ONDE , LOGO DE MOITO ESFORZO, FIXERON VOAR O SEU PAPAVENTOS MOI , MOI ALTO COMO PODEDS VER NAS FOTOS.

Viaxe en globo

Ainda que con varios días de retraso, por mor do moito traballo na "redacción", deixámosvos esta nova que nos aportou Victor.
HOUBO UNHA FESTA DA ESPUMA NO PARQUE E LEVABAN ÓS NENOS E NENAS EN GLOBO E EU MONTEI NEL.
FACIA MOITA CALOR POIS DENTRO TEN LUME PARA QUENTAR O AIRE E PODER SUBIR

jueves, 2 de abril de 2009

O planeta Terra

Dentro da sección de ecoloxía tamén queremos amosar a nosa preocupación polo planeta Terra , por esto Raúl tróuxonos esta nova. E lembrarvos o que alguén dixo moi acertadamente:

A terra non é unha herdanza dos nosos pais,
senón un préstamo dos nosos fillos

SABADO, 28, FIXOSE UN APAGON DO DIA VERDE DO PLANETA NO QUE NOS VIVIMOS.
MEU IRMÁN DÍXOME QUE ERA PARA SALVAR O PLANETA. QUE DURE MOITOS ANOS.

miércoles, 25 de marzo de 2009

Nacementos en Arteixo o ano pasado

Estamos que non damos abasto co chollo que temos. Martín deixounos esta información que nos fai pensar que en vez de ir á praia da Lanzada para quedar preñadas , as mulleres poden vir a Arteixo pois aquí hai nacementos a moreas ;). O futuro do colexio e dos "profes" está garantido por algún tempo.

O SABADO FUN PRANTAR UNHA ARBORE CON MEUS PAIS E A MIÑA IRMA. NO CONCELLO DE ARTEIXO TODOLOS ANOS, O DIA DA ARBORE, PRANTASE UNHA POR CADA NENO QUE NACÍU O ANO ANTERIOR PERO, ESTE ANO, COMO NACERON MOITOS NENOS, (347) PRANTOUSE UN POR MES.E COMO EN XUÑO, QUE E CANDO NACEU MIÑA IRMAN NON HABIA NINGUEN PARA PRANTALO FIXÉMOLO EU E MAIS MEU PAI.AXUDOUNOS TAMEN MINA TIA.
DERONNOS UN REGALO A MIÑA IRMÁ MARTA E MAIS A MIN.
PASAMOLO MOI BEN.