lunes, 15 de septiembre de 2008

Presentación do blog

Este blog xurde coa intención de converterse no segundo elemento de comunicación entre a escola e a comunidade.
Se ben temos un primeiro blog ( http://www.anosaclase.blogspot.com/) onde contamos o que acontece na nosa aula , este era mais ben unha algo persoal do titor , pero facía falla algo onde @s nen@s foran mais partícipes , onde foran eles/as quen escribisen e quenes aportasen as novas, naceu a idea de facer un xornal. Algo así xa o intei facer con outro grupo de nen@s de 5 anos ( fai cinco anos) pero naquel momento non existían os blogs e iamos recollendo todo para logo trasladalo a un executables feito con Neobook. O traballo era inmenso , a parrticipación d@s nen@s menor e había que esperar o remate do curso para poder velo co que se perdía a frescura.
Á hora de poñerlle nome o xornal decidín o de "Xornal dos carrabouxos" porque ese era o agarimoso nome con que nos chamaba a miña avoa a tód@los net@s. Miña nai tamén chamou así os seus e sempre me pareceu unha palabra moi doce.
Unha vez postos en situación deixovos cos comentarios d@s verdadeir@s protagonistas.
Imos adicar os primeiros "post" a aqueles/as nen@s que nos trouxeron "pequenos recordos" das súas vacacións. A inetnción é que cada un escriba o seu comentario ,pero como ainda estamos comezando e tampouco hai moita soltura co teclado , vai ser como "Fuenteovejuna" e será unha laboura común onde colaborarran tod@s

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa por esta marabillosa iniciativa. É estupendo que @s nen@s poidan participar activamente no blog.

Anónimo dijo...

COMO DI MATEO, AS CASAS DOS ABOS SON MARAVILLOSAS, XA QUE NON SÓ HAI ESCOLA,SENON QUE TAMEN NORMALMENTE SOEN FACER O QUE LLES PETA.POR OUTRA BANDA,AS CASAS DOS ABOS SON CASAS(VALGA A REDUNDANCIA) E TEÑEN MAIS ESPACIO PARA XOGAR, POIS A MAIORIA DE NOS VIVE EN PISOS,E O ESPACIO É BASTANTE MAIS LIMITADO. FELICIDADES,UN ESTREO DE BLOG MOI INTERESANTE.