martes, 28 de octubre de 2008
O xornal da abella
Por certo aproveito para comentarvos que vos fixedes que hai un novo artigo posto antes do de Susana . Por motivos de organización quedaron así pero foron publicados noutro orde.( tamén comentarlle a Mary que a que está nunha beira non é a enfermeira senon a nai de Noelia, a tía Maite).
As ligazóns ó Xornal non van ben, por favor, dádeme un par de días para amañalas . Gracias
lunes, 27 de octubre de 2008
Novo nacemento
Arteixo no 1900
NA FEIRA DO 1900 VIN COMO ERAN ALGUNHAS COUSAS FAI MOITO TEMPO. NAS FESTAS HABIA UNHAS BARCAS NAS QUE MONTABAN OS NENOS E QUE SE MOVIAN DUN LADO A OUTRO. ADEMAIS XOGABAN COA PEONZA HABIA MOITOS MAIS XOGOS COMA O DUN POZO, OUTRO CUNHA CARRETILLA OU OUTRO DE COLGARSE P OR UNHA CORDA.


mentres o segundo aportounos unha peza de artesanía moi orixinal:
VICTOR TROUXO UN BROCHE DE FLORES QUE FIXO A SUA AVOA AFIANDO PAUS.
miércoles, 22 de octubre de 2008
Visita de Susana ó Pasatempos
martes, 21 de octubre de 2008
Que son os carrabouxos
Os bugallos dos carballos, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidias, son unha reacción de defensa da árbore fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos.
A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos.
En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores). Nesa neoformación, a larva do insecto indutor atopará alimento e protección fronte ós seus inimigos naturais.
A forma que usualmente adopta o bugallo é esférica, coa superficie lisa ou cunha coroa de picos[1], pero noutros casos, en función do insecto indutor e da especie vexetal parasitada, os bugallos poden ter formas lenticulares, estreladas, de corno, ou ser totalmente amorfas. Calquera parte da planta (talos, gromos, follas, flores, froitos ou mesmo raíces) é susceptible de ser atacada polo insecto.